Os fuxidos de Trevinca – Segredos de Trevinca.

Na parte máis montañosa e inaccesible de Galicia (Serras de Trevinca) e as comarcas lindeiras do Bierzo (León) e da Cabrera (Zamora), produciuse unha concentración de fuxidos suficiente para formar, xa durante a guerra civil, un núcleo considerable de resistentes activos.

O motivo principal das xentes que se botaron ao monte era fuxir da represión dos militares e dos paramilitares falanxistas, que os obrigou a ser fuxidos primeiro e guerrilleiros despois.

A fuxida ao monte comezou no Concello da Veiga o 29 de xullo de 1936, cando “polos camiños que conducían ao monte non cesaba a marcha dos fuxitivos” (Memorias de Alfonso Ortega Prada*).

Estas son algunhas das vivencias daqueles primeiros fuxidos nos meses seguintes despois do golpe de estado franquista.

*Ortega Prada, Alfonso [* 17/05/1902, † 03/01/1943].
(2007). Memorias de Alfonso Ortega Prada (Imprenta Plana). Fundación Luís Tilve.