Chozas do Teso

Nome: Chozas do Teso
Lugar: Teso da Serra Calva

Descrición:
Igual que noutros puntos da serra, no Teso da Serra Calva os gandeiros tiñan curros para protexer o gando de noite e chozas para guarecerse eles mesmos. Este lugar estaba xunto ao antigo camiño de Xares a Puebla de Sanabria, moi utilizado para pasar o gando ata as feiras.

Zona do Teso da Serra Calva vista dende o cumio do Montouto.

Nota histórica – Segredos de Trevinca:
Nas memorias de Alfonso Ortega Prada* indica que o día 29/07/1936, en previsión de que subiran ata Xares 200 homes que estaban preparados na Veiga para ir buscar aos republicanos, saíu apresuradamente da aldea xunto co xove de 17 anos Felipe Blanco. Pasaron a noite nas “chozas del Teso” quedando alí ata o día 1 de agosto.
Durante este tempo tivo lugar o tráxico ataque a Xares e os seus veciños ocorrido o día 30 de xullo.

*Ortega Prada, Alfonso [* 17/05/1902, † 03/01/1943]. (2007). Memorias de Alfonso Ortega Prada (Imprenta Plana). Fundación Luís Tilve.