Chozos do Escavadoiro

Nome: Chozos do Escavadoiro
Lugar: Alto do val glaciario do río Xares
Enlace: PR-G 201

Descrición:
Igual que noutros puntos da serra, aquí os gandeiros tiñan curros para protexer o gando de noite e chozas para guarecerse eles mesmos. Este lugar está na parte baixa do Xanzanal e na parte alta do val glaciario do río Xares, configurando a típica estrutura xeolóxica denominada “val colgado”. Dende aquí o río Xares “escava” o seu leito na rocha e crea unha fervenza que noutro tempo recibiu o nome de Salto de Presas.

A baixada (ou subida) máis usada cara á serra a principios do século XX era polo “Escavadoiro” pegada ao río Xares. O descenso remataba no Escambrón (Cobrou/Cabrón). A outra baixada era pola agua vertente da Lagoa da Serpe, e tamén remataba no fondo do val e pouco máis abaixo que a do Escavadoiro.

Chozos no val do río Xares baixo o Escambrón.

Nota histórica – Segredos de Trevinca:
Nas memorias de Alfonso Ortega Prada* indica que o día 1/08/1936 baixa da serra cara a Xares pero en dirixíndose antes á Ponte, xunto con Felipe Blanco, descendendo polo “Cobrou de Puente”.

O topónimo de “Cobrou” parece “lliones” (leonés), e tanto pode estar relacionado ca dureza do tramo como coa modificación do topónimo Escambrón.

Pouco antes de chegar a A Ponte reciben as primeiras noticias do ataque tráxico a Xares e os seus veciños ocorrido o día 30 de xullo por uns 200 homes que atacan a aldea dende distintos flancos.

*Ortega Prada, Alfonso [* 17/05/1902, † 03/01/1943]. (2007). Memorias de Alfonso Ortega Prada (Imprenta Plana). Fundación Luís Tilve.