Vales de Casaio

Nome: “Vales de Casayo”
Lugar: Indeterminado. Vales de Casaio

Descrición:
Os vales de Casaio eran uns bosques inmensos e virxes, de grandes árbores e cunha vexetación moi mesta que dificultaba o tránsito.

Nota histórica:
O 22 de agosto do 36, Alfonso Ortega Prada*, Felipe Blanco e un rapaz da Ponte chamado Samuel, soben polas “Hoyas de Villanueva” (o val do río Maluro tiña un camiño duns 3 km dende Vilanova polo fondo do val – chamado Camiño do Maluro – ata chegar ao Caborco das Andoriñas, onde a ascensión endurécese cara ao cumio). Logo atravesaron o Maluro e chegaron ás Morteiras. Nos “Vales de Casayo” construíron campamentos para protexerse.

Estes montes de Casaio acollían a ducias de fuxidos da represión franquista e dos ataques e asasinatos cometidos polos falanxistas. Moitos tentaban fuxir a Portugal pero quedaron illados nestas terras. Tódalas pontes sobre o Sil, o Miño e outros ríos importantes estaban controladas por homes armados, dificultando as vías de escape dos republicanos e represaliados. Obrigados a quedar nestes montes, xurde o movemento guerrilleiro antifranquista. Os campamentos establecidos nestes vales foron nomeados coma “A Cidade da Selva”.

*Ortega Prada, Alfonso [* 17/05/1902, † 03/01/1943]. (2007). Memorias de Alfonso Ortega Prada (Imprenta Plana). Fundación Luís Tilve.