Minas Alemás

Nome: Minas Alemás
Lugar: Serra da Mina e Serra da Chaira (val do río Xares – A Ponte)
Enlace: PR-G 198.1

Descrición:
Hoxe so quedan os restos das edificacións das oficinas e dos procesos de extracción do mineral. As entradas das minas foron clausuradas.

A pesares de levar pechadas dende o ano 1952, os detritos das minas son perfectamente visibles e non son colonizados pola vexetación.

Nota histórica
A Mina dos Alemás de Vilanova foi explotada para a obtención de volframio. Este é un elemento químico metálico, de cor gris clara, moi duro e denso, que ten o punto de fusión máis alto dos metais. É un material estratéxico e estivo na lista de produtos máis cobizados dende a Segunda Guerra Mundial.


Comezou a explotarse en Vilanova en 1918 (despois de que a I Guerra Mundial puxésese en valor a importancia deste metal) e a súa última extracción realizouse en 1952 (durante a guerra de Corea).

A extracción do volframio e a súa forte demanda durante a II Guerra Mundial coincidiu co final da Guerra Civil española e polo tanto coa fame de posguerra. O réxime franquista apoiou a Alemaña Nazi facilitando a súa explotación. Tamén infiltrados das nacións belixerantes fomentaron o contrabando para evitar que o material chegase aos nazis. Nos portos de Vigo, Vilagarcía e Balarés (Ponteceso) embarcábase o volframio con destino Alemaña.

Minas de Vilanova
A extracción de volframio en Galicia deixou unha forte pegada económica e cultural, que se viu reflectida en varios libros e filmes.

 

 

O volframio na Guerra Civil Española (1936 – 1939)
O interese alemá.

A sublevación do exercito, comandado polo Xeneral Franco, contra a II República rematou coa vitoria de Franco, quen recibira axuda da Alemaña Nazi, quedando en débeda con este país. A débeda foi cifrada en 212 millóns de dólares de 1943 e sería saldada coa entrega de materiais primeiros españois, entre eles o volframio.

O volframio é escaso na cortiza terrestre agás na Península Ibérica. Franco deulles o control deste volframio aos alemás, practicamente en réxime de monopolio. Construíronse empresas mixtas con capital xermano-español (HISMA, ROWAR, SOFINDUS) dirixidas por alemáns (BERNHARDT – GOERING). Entre elas estaba “Montes de Galicia SA” que controlaba por adquisición ou por arrendamento as Minas de Vilanova, Casaio, Vilardecervos e Ribadavia, baixo a dirección do propio Bernhardt, sendo esta empresa especialmente rendible pola man de obra procedente do sistema de redención de penas mediante o traballo dos presos republicanos españois na Mina de Casaio.