O Rañadoiro

Nome: O Rañadoiro
Lugar: Entre Vilanova, Hedreira, A Ponte e Xares.

Descrición:
O Rañadoiro é un lugar de unión entre as aldeas situadas en lugares con terras máis fértiles. No seu momento houbo un gran tránsito de gando que configurou a “Cañada de Rañadoiro”.

O Destino Starlight Trevinca situou, sobre este lugar privilexiado do concello da Veiga, o Miradoiro Estelar do Rañadoiro, a unha altitude de 1.100 metros, dentro da zona certificada pola Fundación Starlight. Conta con tres paneis informativos con diferentes temáticas astronómicas.

Nota histórica
Conta nas súas memorias Alfonso Ortega Prada*, que o día 2 de setembro de 1936, algúns fuxidos retornan dos vales de Casaio e dos cumios da serra cara a Xares, sen víveres e “desexando ter noticias da nosa terra”. Na Cañada de Rañadoiro tiñan un contrasinal e unha vez examinado chegan sen perigo ás súas casas.

Na noite seguinte retornan o camiño ata os “Vales” e continuarán polas montañas ata o 1 de novembro de 1936, cando aparecen as primeiras neves. Os sábados pola noite xeralmente baixaban a Xares para recibir noticias, cambiar as roupas e recoller alimentos.

*Ortega Prada, Alfonso [* 17/05/1902, † 03/01/1943]. (2007). Memorias de Alfonso Ortega Prada (Imprenta Plana). Fundación Luís Tilve.