A Ponte

Nome: A Ponte
Lugar: A Ponte – A Veiga
Enlace: PR-G 199 e PR-G 200
Información complementaria PR-G 199 (enlace)
Información complementaria PR-G 200 (enlace)

Descrición:
A aldea da Ponte é o comezo dos sendeiros PR-G 199 e PR-G 200 e permite achegarse ata algúns dos lugares máis importantes das rutas dos fuxidos.

As vivendas desta sinxela e pequena poboación, que se atopan xuntas formando estreitas e tortuosas rúas, están construídas en pedra e coroadas por cubertas de lousa sen elaborar. A igrexa e de advocación a Santa María Madanela. Coma toda Trevinca goza dun clima suave no verán e cru no inverno.

Foi unha aldea con gran cabana gandeira e goza dun inmenso val que no pasado era sementado a pan (centeo). Nas pedras das súas casas hai gravados de incógnito orixe e significado, coma na Casa dos Vaqueiros.

Dispón dun punto de información: a antiga Casa-Escola, convertida agora no Centro de Visitantes ZEP Pena Trevinca.

Nota histórica
A Escola de A Ponte, foi edificada polos veciños da aldea. Na súa fachada posterior hai unha fonte que sempre mantén a auga fresca. Din os veciños que “no verán é fría e no inverno é quente…” pero hai que pensar que no inverno todo arredor xeralmente queda conxelado.

Cando xa non houbo nenos para ocupar a escola, o edificio viviu malos tempos e fixo por tempadas de dispensario médico.

Segundo relatan algúns veciños cando a escola aínda funcionaba coma tal, coincidindo coa represión e caza dos fuxidos durante a Guerra Civil e os anos posteriores a Garda Civil as veces durmía na Escola e esta lles servía de cuartel.