A Morteira

Nome: A Morteira
Lugar: Xares – A Veiga

Descrición:
O val da Morteira, hoxe dentro do recinto cinexético de Xares, é unha conca fluvial de orixe glaciario, de gran beleza e difícil acceso polas súas costeiras. Atópase preto de Xares, e hoxe ten abondosa vexetación e moita caza maior.

Nota histórica* – Segredos de Trevinca:
En outubro de 1936 nos montes de Xares vivían máis de corenta homes fuxidos. Estaban distribuídos en grupos e construíran magníficas chabolas no “monte Morteira”.

Durou pouco. O 25 de outubro coñeceron que estaba preparándose unha gran batida. Decidiron disolverse e desaparecer do lugar, volvendo o lugar á súa habitual calma e silencio.

En novembro volverían os fuxidos, en menor número a medida que o inverno botábase enriba. Eran estadías curtas e sempre ameazados polas batidas.

*Ortega Prada, Alfonso [* 17/05/1902, † 03/01/1943]. (2007). Memorias de Alfonso Ortega Prada (Imprenta Plana). Fundación Luís Tilve.