A Fraga

Nome: A Fraga
Lugar: Un lugar preto de Xares

Descrición:
A Fraga é un lugar preto de Xares onde os fuxidos poden agacharse temporalmente e dende onde ven entrar e saír ás xentes na aldea.

Non temos identificado correctamente o lugar da Fraga, que podía ser unha extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna, ou máis unha fragueira que é un terreo abondoso en rochas e desniveis pronunciados.

Nota histórica – Segredos de Trevinca:
Nas memorias de Alfonso Ortega Prada* indica que abandona o Acebal Negro o 25 de outubro de 1936 ante a previsión dunha batida fascista, e agáchase preto de Xares na Fraga. Permanece inmóbil durante 3 días, pero abandona o lugar e prefire comezar unha viaxe con Odilo Rodríguez de Seoane en dirección á Cabrera Leonesa buscando, erroneamente, un lugar máis seguro.

*Ortega Prada, Alfonso [* 17/05/1902, † 03/01/1943]. (2007). Memorias de Alfonso Ortega Prada (Imprenta Plana). Fundación Luís Tilve.